Os repusacabezas de Renfe lucirán a imaxe de Florencio Delgado, homenaxeado nas Letras Galegas

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou a importancia de que "entidades tan próximas á cidadanía como Renfe" colaboren na difusión da imaxe do Día dás Letras Galegas e, por tanto, na homenaxe ao valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e Renfe pecharon un acordo de colaboración para a promoción das Letras Galegas 2022 polo que, entre outras cousas, os repousacabezas dos asentos dos trens da compañía lucirán a imaxe do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán.

Nun acto celebrado este venres no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron este acordo que inclúe tamén unha exposición dos carteis gañadores do 'Concurso das Letras Galegas 2022', correspondente á categoría de educación secundaria, nos espazos de información ao viaxeiro que Renfe Viaxeiros ten asignados nas estacións.

Así mesmo, a imaxe institucional do Día das Letras Galegas 2022 da Xunta de Galicia mostrarase nos repousacabezas dos trens de alta velocidade que prestan servizos AVANT e Media Distancia nos corredores A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense e A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura destacou a importancia de que "entidades tan próximas á cidadanía como Renfe" colaboren na difusión da imaxe do Día dás Letras Galegas e, por tanto, na homenaxe ao valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinan o acordo de colaboración para promocionar das Letras Galegas 2022. RENFE
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinan o acordo de colaboración para promocionar das Letras Galegas 2022. RENFE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta