Buscan crear en Galicia unha gran fronte social e política contra a "criminal" OTAN

Nace o ‘Encontro Galego contra o Cumio da OTAN’ que pide a retirada de todas as tropas enviadas a Ucraína e o cese de envío de armamento a Kiev tras a invasión e a guerra iniciada por Rusia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Diversas organizacións políticas e sociais, entre as que se atopan Anova, FPG ou Ecoloxistas en Acción, entre outras, impulsan o ‘Encontro Galego contra o Cumio da OTAN’, unha iniciativa que pretende crear unha gran fronte para amosar a repulsa do pobo galego á esta organización militar.

Presentación do Encontro Galego contra o Cumio da OTAN, unha entidade que critica o apoio da OTAN a Ucraína na guerra iniciada por Rusia
Presentación do Encontro Galego contra o Cumio da OTAN, unha entidade que critica o apoio da OTAN a Ucraína na guerra iniciada por Rusia | Fonte: remitida

Este novo grupo champa a construír un movemento unitario, popular e aberto de rexeitamento ao Cumio da OTAN que se celebrará en Madrid o 29 e 30 de xuño e asina que "a falla de soberanía" de España "convérteo en cómplice pasivo da escalada imperialista". Presentado este mércores, teñen como obxectivo desenvolver unha campaña de mobilización social contra o Cumio que a OTAN celebrará en Madrid os vindeiros 29 e 30 de xuño. 

"Estamos nunha conxuntura internacional de ofensiva imperialista, que fai máis necesario ca nunca recuperar o espírito dos Comités Anti-OTAN dos anos 80", din en alusión ao apoio que a OTAN lle está a dar a Ucraína tras a guerra iniciada por Rusia. “A OTAN é unha organización criminal xurdida da lóxica de acumulación do capital”, denuncia.

"O Encontro pretende levar a cabo accións unitarias e amplas, principalmente nas rúas, que amosen o rexeitamento do noso pobo a que o pretendido goberno máis progresista do Estado Español acolla a cimeira dunha organización que ataca a soberanía dos pobos do mundo e que, xunto aos EEUU e á Unión Europea, expande a base de actos de guerra e terroristas os intereses do modelo imperante", engaden os impulsores nun comunicado.

Ademais, denuncia o "papel servil" do goberno actual, que utiliza instalacións portuarias e aéreas da maquinaria militar española en Galicia para "poñelas ao servizo do terrorismo imperialista". “A carencia de soberanía do noso país converte o noso pobo en cómplice pasivo dunha escalada imperialista que só favorece os intereses do complexo militar-industrial norteamericano”, engade.

E di, que un exemplo disto é a actual guerra de Ucraína, sobre a que esixe a retirada de todas as tropas enviadas á zona e o cese do envío de armamento. Non é a primeira entidade que critica o papel da OTAN na guerra de Ucraína. O BNG xa denunciou o papel deste organismo a través do seu representante no Congreso, Néstor Rego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Ferroviario

Que eu saiba as tropas " enviadas" a Ucrania foron " enviadas" por Rusia. Son ganas de alterar a realidade. Foi Rusia quen invadiu Ucrania, non a OTAN.