Ferido grave un home tras ser atropelado por unha furgoneta en Porto do Son

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido de gravidade este luns ao ser atropelado por unha furgoneta no peirao da localidade coruñesa de Porto do Son.

Segundo informou o 112 Galicia, a alerta recibiuse sobre as 14,15 horas deste luns. Foi o propio condutor da furgoneta o que sinalou que golpeara unha persoa mentres daba marcha atrás.

Inmediatamente púxose en marcha un operativo formado por Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. Tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.

Accidente en Porto do Son.. @HELICOSANTIAGO
Accidente en Porto do Son.. @HELICOSANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta