Morre un home ao envorcar o seu tractor en San Sadurniño

Quedou atrapado baixo o vehículo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Un home faleceu este xoves ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira do lugar de Pielas, no concello coruñés de San Sadurniño. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, Urxencias Sanitarias avisou do accidente ás 18,15 horas deste xoves, tras o que se pediu a intervención dos Bombeiros do Eume e da Garda Civil.

Precisamente, os bombeiros tiveron que liberar o home, que quedara atrapado debaixo do vehículo. Pola súa banda, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Tractor
Tractor | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Por outra banda, un home resultou ferido nunha perna ao ser golpeado por outro tractor nunha leira no lugar de Tallós, na parroquia de Laíños do concello de Dodro.

Os feitos sucederon uns minutos despois das 18,30 horas. A esa hora, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da situación do home ferido. Tras iso, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil e ao GES de Padrón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta