A Xunta fala xa dunha nova orde xeopolítica pola guerra de Ucraína

Foi na súa declaración institucional polo Día de Europa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia fixo pública a súa declaración institucional con motivo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio como conmemoración do aniversario da Declaración Shuman de 1950, que marcou o inicio da construción europea. Nela apuntaron cara a unha nova orde xeopolítica e destacaron os desafíos "complexos" que chegan, como a guerra de Ucraína.

Sinalan que o propio Schuman --ministro de Exteriores francés naquela época-- lembraba a importancia de construír a paz "a base de accións concretas cun forte espírito solidario e de unidade"."Durante os últimos 70 anos o mundo cambiou drasticamente, inclinándose na actualidade cara a unha nova orde xeopolítica na que os desafíos son cada vez máis complexos. O máis decisivo é, sen dúbida, a ameaza á estabilidade da paz en Europa coa invasión rusa de Ucraína na que, unha vez máis, Europa volveu demostrar que a unidade é a nosa forza", destacan.

Sobre esta unidade remarcan ademais que xa quedou demostrada coa pandemia provocada pola Covid, "cando todos os Estados uníronse para combater as súas debilidades e saír máis reforzados,adoptando medidas sanitarias e económicas sen precedentes para a recuperación".

Cualifican ademais de "accións estratéxicas" os fondos Next Generation EU e a estratexia do Pacto Verde para a recuperación, "destinadas a contribuír a acelerar unha tripla transición (socioeconómica, dixital e ecolóxica)". "O obxectivo é claro, crear unha Europa máis verde, dixital, socialmente xusta e resiliente, que deixe atrás o enfoque sectorial da política ambiental e do clima, para converterse na matriz económica e social transformadora da UE no seu conxunto".

Neste contexto, "Galicia debe seguir impulsando un modelo de crecemento sustentable a través do desenvolvemento das enerxías renovables autóctonas, para situarse á cabeza da enerxía eólica e de biomasa, do fomento da mobilidade sustentable, da transformación da industria galega de automoción cara a unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, así como da creación de centros loxísticos e do aumento da capacidade en investigación e innovación, entre outros.

Combates en Ucraína tras a invasión rusa
Combates en Ucraína tras a invasión rusa | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta