O Goberno dá luz verde á remodelación da Avenida das Pías

A porta de entrada a Ferrol pasará a estar a nivel para facilitar a comunicación entre barrios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana avanza na execución do proxecto de "humanización" da avenida das Pías, a porta de entrada a Ferrol. Así, o Ministerio formalizou, por un importe de 4,9 millóns de euros (IVE incluído), o contrato de obras urbanización do tramo correspondente coa metade entre o punto quilométrico 0,600 e 1,1000 da FE-14, que implica remodelar a ligazón de conexión entre Caranza e O Bertón.

As obras forman parte dunha actuación que no seu conxunto ten como obxectivo converter 1,1 km da FE-14 nunha vía urbana para incrementar a seguridade viaria, impulsar a mobilidade sustentable e romper as barreiras entre os barrios, "o que suporá unha notable mellora na calidade de vida dos veciños", subliña o Ministerio.

A actuación divídese en dous tramos. Por unha banda, entre os quilómetros 0,000 e 0,600, cuxas obras xa se licitaron por 4,96 millóns de euros (IVE incluído). Por outra banda, está este tramo, entre o km 0,600 e 1,100, cuxas obras se acaban de formalizar. Nas obras de ambos os tramos moveranse un total de 167.000 m3 de terras e crearanse 40.700 m2 de zonas verdes, 14.900 m2 de beirarrúas e 1.530 m2 de carril bici.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

A estrada actual consta de dobre calzada, de limitación de accesos e de ligazóns a distinto nivel, o que non dá opción a unha integración na malla urbana, constituíndo un impedimento físico para a permeabilidade de vehículos e peóns entre ambas as marxes e os barrios situados nelas.

Para eliminar o efecto barreira actual e potenciar a continuidade dos barrios de Esteiro, os Ensanches, O Bertón e Caranza, proxectouse situar a futura avenida das Pías ao mesmo nivel que as zonas urbanas da contorna. Desta forma, suprímense as actuais ligazóns a distinto nivel de acceso ao barrio de Caranza e á estrada FE-11, substituíndoos por glorietas.

Avenida das Pías en Ferrol - mapio.net
Avenida das Pías en Ferrol - mapio.net

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta