Valga acollerá o maior parque de placas solares de Galicia

O parque correrá ao cargo de Norvento e será instalado na sede dunha compañía dedicada ao aluminio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Norvento Enerxía despregará na sede de Extrugasa, situada en Valga, unha instalación de autoconsumo fotovoltaico de 2,2 megawatts de potencia, a maior destas características ata a data en Galicia. Segundo informan estas compañías nun comunicado conxunto, esta instalación tamén será "unha das maiores de todo o país".

O proxecto permitirá a Extrugasa, compañía de extrusión de aluminio, satisfacer ata o 25% da demanda enerxética das súas instalacións a través de fontes renovables xeradas in situ. Calculan que terá un impacto ambiental positivo similar "ao que tería a plantación de ao redor de 93.000 árbores na zona", xa que desta maneira evitarase a emisión de 932 toneladas equivalentes anuais de CO2 á atmosfera.

Así mesmo, a instalación servirá como base para futuros proxectos orientados ao autoconsumo enerxético para Extrugasa, posto que permitirá á empresa combinala con sistemas de almacenamento enerxético. O proxecto levará a cabo nunha zona estratéxica para o sector do aluminio, xa que nas súas inmediacións transfórmase aproximadamente o 60% do aluminio en España.

O responsable de negocio de Fotovoltaica e Almacenamento de Norvento Enerxía, Luís Jiménez, sinala que: "Como sociedade, debemos perseguir activamente a descarbonización da nosa economía se queremos alcanzar un modelo de crecemento sustentable". Norvento, con sede en Lugo, executará ao longo de 2022 máis de 10 megawatts de potencia en distintos proxectos, cun incremento na carteira de proxectos desde o último trimestre de 2021.

Sede de Extrugasa, en Valga (Pontevedra). EXTRUGASA
Sede de Extrugasa, en Valga (Pontevedra). EXTRUGASA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta