Investidura: Rueda ofrece pactos á oposición mentres os trata de "perdedores"

O futuro presidente da Xunta critica a lonxevidade política de Ana Pontón: "cando lle daba o biberón á miña filla vostede xa era deputada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra, 1968) foi elixido sexto presidente da Xunta co "si" dos 41 deputados que compoñen o Grupo Popular no hemiciclo galego (faltou o portavoz, Pedro Puy, debido a unha indisposición durante o pleno). En fronte, obtivo o "non" xa avanzado dos 33 parlamentarios que ocupan as bancadas da esquerda --19 do BNG (incluído o de Montse Prado, que delegou no seu portavoz) e 14 do PSdeG--.

O ata agora vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (i), e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, conversan na investidura de Rueda como presidente da Xunta.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O ata agora vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (i), e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, conversan na investidura de Rueda como presidente da Xunta.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

De acordo co contido xa anticipado no seu discurso da primeira xornada do debate de investidura, epresou que prevé seguir a liña que iniciou Feijóo co "aval" dos galegos nas urnas. "A nova etapa non estará marcada pola ruptura. Será continuidade da boa. Non hai razón para bruscas sacudidas", dixo.

Rueda tamén lamentou este xoves a actitude da oposición, á que ve "instalada no non", aínda que asegurou que "non" renuncia a convencer a oposición e subliñou que considera clave as súas achegas para o impulso dun "proxecto de país", Rueda cargou con dureza contra unha oposición que ve "instalada no non", á vez que recibiu duras críticas da líder do BNG, Ana Pontón, e do portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez.

"A primeira sensación que teño é que lles sobraba a sesión de investidura, dixese o que dixese, ían dicir que non", arrincou Rueda a súa primeira réplica na segunda xornada do debate de investidura, que se pechará cunha votación que, salvo sorpresa, conducirá á súa investidura como sexto presidente autonómico de Galicia co apoio dos 42 deputados do PPdeG, entre os que se inclúe.

Aínda que a oferta de pacto foi dirixida con máis intensidade ao PSdeG --que en días pasados tendera a man para alcanzar acordos que beneficien á Comunidade en áreas como sanidade, política social ou económica--, Rueda asegurou que "non renuncia" a "tentar convencer" a socialistas e nacionalistas, e a través deles, aos cidadáns aos que representan.

"Esa é a miña misión e vou tentar facelo", dixo, aínda que non se mostrou moi optimista, convencido de que non terá "moito éxito" con independencia do que diga ou das decisións que tome. Respecto diso, asegurou que os galegos esperan das súas representantes propostas construtivas e proclamou que calquera "proxecto de país", como o que el quere impulsar, necesita do "pulo" de todas as forzas políticas. Por iso, considerou que o "non" no que ve "instalada" á opoción é "unha mala postura". "Galicia merece algo máis que escoitar a políticos enrocados no non. Tanto eu, como o meu goberno e o meu grupo, a Galicia ímoslle dicir que si", proclamou.

"INVESTIDURA DOS MUNDOS DE YUPI"

Nunha intervención na que tamén afeou as "cifras equivocadas" que atribuíu á oposición e advertiu que, aínda que está disposto a dialogar co PSdeG, espera que sexa máis fiel ao cumprimento dos seus compromisos que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, co exemplo das rebaixas fiscais, cargou con especial intensidade contra o BNG.

Rueda ironizou con que o seu líder, Ana Pontón, "marcouse" unha "investidura dos mundos de Yupi" e lembroulle: "O candidato son eu". A liña seguida, subliñou os resultados electorais do BNG nos últimos comicios e a dilatada traxectoria da nacionalista no Parlamento. "Cando lle daba o biberón á miña filla xa era deputada, e está na universidade", exemplificou.

Un Rueda disposto a chegar a pactos e a "escoitar con atención" aos seus rivais, incidiu no "triunfalismo" do Bloque e pediu "un pouco de humildade e de respecto" polos populares, que lograron unha ampla maioría absoluta nos últimos comicios. Tamén ironizou coa "guerra" que manteñen entre si os representantes da oposición --ambos tentaron erixirse aos seus partidos en alternativa, con especial intensidade Pontón-- "para ver quen é o gañador dos perdedores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta