A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

20 audiovisualgalegocativo

..Pero que psoe ou bloque ? os medios publicos seguen a estar manexados por xente posta po-lo pp.
Por certo, menuda merda de tv e radio !!!

19 noxento

Non vos parece mentira todo isto? Así que a Radio vai por un lado e a Tele vai polo outro. Unha porque lle fai as beiras ó Bloque o outro porque llas fai o PSOE. ¿Quere iso dicir que a tele e a radio están manipuladas e que se usan o antollo do quen manda? Ou quere iso dicir que hai que quedar ben coa parcela da que se depende e por tanto se emiten as mensaxes editoriais ós galegos nun sentido ou noutro según o medio que utilicen estes para informarse?

Ou sexa que a resposta nun sentido ou noutra e MANIPULACIÓN.

Se non entendo mal polo que levo lido, o Bloque veta ou non invita a TVG ós seus actos porque non está contenata coa súa liña editorial e non lle parece suficiente o que sae nos seus informativos. E víngase ninguneando á TVG non invitándoos os seus múltiples actos... ahhhhhhh!!!!

Ou sexa que recoñencen que a TVG non se deixa manipular polo BNG, ou por quen fai as chamadas en nome do BNG, claro.

Vaia qué interesante. E esa é a Tv plural e libre que nos vendían desde a esquerda.

Así que a tele está repartida por cuotas. A TVG é do BNG pero os informativos son do PSOE. Qué noxo, non?

E aquí en lugar de alarmarnos e poñer o grito no ceo sobre a manipulación, cousa que se faría noutros tempos, o que se fai desde este confidencial é darlle paos a TVG e a Radio Galega.

Ou sexa que os políticos manipulan, poñen ós manipuladores nos cargos e logo vapuleamos o vehículo...

Desde logo se éste é un pensamento de esquerdas... ¿cómo cambia o conto?

E ningúen vai protestar aquí porque os políticos evidencian que se pelexan porque non manipulan o suficiente os nosos medios de comunicación?

Os sindicatos da tele e da radio tampouco han saír á palestra para denunciar esa manipulación que se está a contar por parte dos propios partidos políticos.

Qué país de narcotizados!!!

Gústame este espíritu da autocrítica que tempos. Non me extraña que logo falen da fuga de cerebros. Todos os burros quedan aquí.

Pois nada a seguir manipulando. A partir de agora propoño os señores políticos que poñan o cronómetro como facía a xente antes cos deportes para saber se daban máis minutos do depor ou do Celta na TVG.

Así uns domingos sairá que tivos máis minutos Quintana e que todos digan "a TVG É DO BLOQUE" e outro domingo cando saia máis minutos TOURIÑO dirán: "non a TVG é DO PSOE". Xa tería risa que saíra o PP e protetsase porque non saen, jajajaja.

E para facer esta disputa máis divertida propoño que se recuperan os localismos que tanto nos gustan ós galegos. Se dan máis segundos de Quintana que se diga desde Carnota:"VES xa cho dicía eu a TVG é de Allariz". Pero se saen máis minutos do PP entonces os de Allariz contesten: "pero que dis oh!!! non ves que a TVG é claramente de VILALBA, a capital do fraguismo". Aínda que máis risa podería dar se un de Sanxenxo di "desde logo que miopes sodes á tVG é de Betanzos que só sacan a Touriño".

Jo qué idea acabo de ter vou montar unha empresa de merchandising para sacar gorras, bufandas e camisetas dos tres partidos.... Voume forrar con esta nova rivalidade.

Por favor, sexamos serios. Deixemos traballar. Políticos e pelotas dos políticos fóra da TVG xa!!!

18 Prado

Elisa sale al paso acertadamente de alguna opinión que pareceía justificar la barbarie etarra. Es ABSOLUTAMENTE INADMISIBLE que un indivíduo en este foro entre a valorar la procedencia del fascismo terrorista: "ETA apareceu no 59, cando non había ikastolas, e nos 70, aínda sen implantarse as ikastolas, ETA era máis forte e tiña máis apoio entre o vascos". INADMISIBLE.

17 Antisipaios

Fora espanholismo da nossa nação.

16 Elisa

Los jóvenes de ETA tienen entre 20 y 30 años, algunos menos. No habian nacido cuando el franquismo, y muchos es escolarizaron en las ikastolas. Los datos de los investigadores: guardia civil, policía y jueces... Menos demagogia y más seriedad. ¿Es pedir mucho? Para algunos parece que sí.