A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

70 mesias

Em verdade digo-vos que não se passa nada:

-Losada vai seguir comunicando-nos.
-O cocainómano vai seguir esnifando-nos.
-O Pastor vai seguir abrevando-nos.
Mio çid campeador vai seguir cavalgando-nos.
-O diplomático vai seguir dissimulando-nos
-Virgílio vai seguir rimando-nos
-O Péres vai seguir levando-se os "dentes" caídos
-A Begónia vai seguir florecendo-nos
E o Director vai seguir dirigindo-nos

Homes de pouca fe...

69 paba

La tvg tiene excelentes profesionales y medios tecnicos, solo hay que ponerlos a trabajar.
menos productoras y mas programacion con sentidiño y racionalidad.
700 trabajadores en la compañia de radio tvg y tienen que recurrir a productoras.
Alguien tendria que cesar, por que una empresa que tiene 10.000 millones al año y 700 trabajadores, tiene que recurrir a productoras.
¡No tiene ni pies ni cabeza.!
eso es la TVG , un desastre.
de 10.000 millones de pesetas al año.

68 galiza ceive!

mais exitos da galega, agora tócalle a "Efectos secundarios", cun 21% de audiencia:

http ://www.vertele.com/noticias/detail.php?id=16419

67 denun

Galiza Ceive, sobre como se deberia facer na tvg, xa contestou Juan debidamente, sobre o que dis de "freixoo", non pensaches que todo o que lle ves ben a "freixoo" pode ser un rol, seguramente aconsellado polo seu equipo de comunicacion, para recuperar votos?
Na politica ben fariamos e non crer nada, e a recuperar o VALOR da promesa electoral, xa que agora chega con facelas, e os demais votamos a cegas e quedamos mirando a ver se cumpren ou non...
Por certo, da nova etapa, gustame bastante o programa de animais e tamen o d caza e pesca, pero seica os fan productoras....
Todo o que dixo Juan e unha verdade coma un templo.

66 non hai debate

Non hai debate porque non hai nada que dicir.
(Toqueciños suaves na cabeza de Quintana) Toc, toc, toc... Pregunta: Hai algo aí? Aínda esperamos a resposta.
Losada, sen ti non somos nada.