A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

65 xa

Dicía Schopenhauer que cada un ten o máximo de memoria para o que lle interesa e o mínimo para o que non lle interesa. Agora parece ser que Antón Losada era un señor que pasaba por alí. Seica xa non se lembra, señor Vicepresidente, dos "servizos prestados" polo señor Losada? Seica xa non se lembra de quen o nomeou e o puxo de segundo de abordo no seu goberno e por que? Debe ser que agora, que volve ter presenza na canle autonómica, comeza a fallarlle a memoria. Espero que isto de velo asiduamente non sexa unha medida pasaxeira, mais... Analicemos: intervención breve, feita á medida, con bo talante e sen discrepancias. A min sóame a calote, a premio de consolación, vaia. Boh!!

64 paba

cuanta razon tienes JUAN

63 juan

tvg cambio
seria, delegaciones propias,
reuniones de trabajo
ideas propias
objetividad
ideas originales
ganas de una buena television
con seriedad
con cabeza
si comparamos esta tvg con el resto de las autonomicas nos daremos cuenta que con los medios con que cuenta esta tvg, tanto en personal como en medios tecnicos, estamos funcionando a menos de un 30 por cien de sus posibilidades.
eso si seria un buen cambio en la tvg
no tanto, si sale un politico u otro.
lo importante es una buena tv, en programas y en informativos.
contando con el propio personal de la casa.
menos productoras y mas contar con el personal de TVG. Eso seria el primer cambio de tvg en 21 años.

62 galiza ceive!

denun, primeriramente, gracias polo tono do teu mensaxe, critico conmigo, pero polo menos dialogante.

Se compartimos o desexo de que a tvg, como o ente que representa a nosa autonomia, sexa un entre profesional, si que podo unirme a ti no feito de que os dirixentes deben de estar un pouco mais espabilados en certos temas. Polo menos, que a xente preparada poida quitarlle o posto o que non ten moita vision, ou esta posto "dixitalmente".

Que teñamos directivos ben pouco preparados, e moi bocazas, e algo no que comparto que deberiamos cambiar. Gustariame que desen mais contas no parlamento do que fan. Pero non so na tvg, se non en xeral, en tantas e tantas actuacions de goberno.

De todolos xeitos, o meu mensaxe e de apoio os profesionais que hai no medio, que ben sabes que en galiza son moitos, independentemente do que voten. E dame moita magoa que teñamos nos almacenes da tvg, tantos e tantos traballos ben feitos, e comprados, que nunca se emitiron.

Pero a tvg, antes do cambio e ainda mais agora, esta apoiando a nova musica galega, que na miña opinion, e de moita calidade. Tamen temos luar, e certo. E moitisima xente na galiza ve o luar. Pero e que antes SOAMENTE tiñamos luar. Iso e o malo.

Sobre o que penso, ben, non pretendo que ninguen me tome en serio, nin impoñer as miñas ideas a ninguen, o contrario que outros. Que me gusta o bng? non todo no bng e do meu agrado. Pero o que fai quintana e bugallo gustame, e digoo abertamente.

E tamen gustanme moitas cousas que fai e di freixoo, tamen cho digo. Porque freixoo, por exemplo, comezou un debate co bng recoñecendolle o seu carater absolutamente democratico. E a partir de ese punto, debatemos e criticamos o que fan uns e outros. E digoche abertamente, que fai moitas veces criticas ben razoadas, que son as que realmente doen, e que fan que o noso goberno espabile, e que todos saiamos gañando. E freixoo tamen criticou o centralismo dos madrileños, cousa que lle da moita altura moral para falar da nosa terra ala por onde vaia. E digochoo asi de abertamente, para que midas o fanatico que podo chegar a ser.

De todolos xeitos. Cal e a television que farias sendo presidente da crtvg?

61 denun

Por alusions, Galiza Ceive, nin te chamei nazi nin feixista,e moito menos troglodita, non vou entrar niso, referinme a ti coma fanatico porque non entras a valorar as cousas das que falamos, pa ti, coma xa se derrocou o PP, todo o que fai o goberno, pareceche ben, non me gustan os teus discursos, pq fora do meu "derrotismo" (non me coñeces)aplaudes cousas que a xente con recursos, dialectica e ideas lles parece que estan mal feitas(non falo de min pq xa insinuaches ti que son un maldito ignorante), pero a ti valete, unicamente pq ven da esquerda, ahi e onde esta o fanatismo e o adoctrinamento, non es mais que un soldado non-pensante, e iso non me gusta (mais me amolo, non te preocupes). Aparte diso, dende que empezou este novo proxecto de tvg, os profesionais da casa, falan de que os altos cargos ou xefes ou como os queiras chamar, non teñen formacion nin recursos para dirixir a crtvg, e ahora vemos como os presis andan con propagandas baratas de "non queremos que se nos cubra, ou eu non digo nada dos medios ou etc", borralla.
Que te mola que os programas da galega funcionen? moi ben, Luar e Supermartes funcionou durante toda a etapa do PP, e cando o cambio casi todo dios queria que os mandasen o carallo. E agora trouxeronnos de volta a Superpiñeiro a facer "A tu lado" con colaboradores baratos. A min tamen me mola ver a xente que fala ben o galego na miña tv, pero o que non me agrada tanto e que tomen o publico galego de tontos as tres, si cando chegaron o goberno tiveran un bo proxecto para a crtvg, non estariamos debatendo.
Galiza Ceive, non pretendin insultar, so pedinte que foras un pouco mais critico, que a veces cheira, e nas tuas primeiras intervencions xa preguntamos alguns se non serias dalgun gabinete de prensa, eu persoalmente mentres sigas louvando todo o que fan estes, non te vou tomar en serio.
A pasalo bomba!