A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

60 toño

ídevos ao carallo coa patria e todas esas milongas. ¿que pasa coa precariedade laboral? ¿que pasa co prezo da vivenda? ¿que pasa coas listas de espera na sanidade? ¿que pasa coas drogas? ¿que pasa co fracaso escolar? ¿por que é tan cara unha mao de porros, ou un quilo de pementos?

59 pquenogoebbles

"Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes"

Aí falache,con Don Manuel si que o tiñamos ben montao eramos nós quen lles mandabamos a liña editorial directamente via fax e punto.E aí do que saise do guión...

58 xa

moi ben, bo discurso (o audiovisual galego é bo, pero algúns deberían volver ós cadernos ortográficos galegos que, segundo se ve, non están tan ben nin dan Fóra diso, Son de verán... non é un programa dunha produtora allea á crtvg? será que os verdadeiros creativos e xeradores de ideas tan, tan, tan xeniais non teñen lugar no medio público e tiveron que marchar a empresas foráneas retroalimentadas polo ente público? non sería mellor contratalos directamente en lugar de comprar as súas ideas (feitas ou por facer)? haberá que reciclar ó persoal que non rende polo que está fóra currando para facer unha tele tan boa e exitosa?

57 galiza ceive!

A audiencia non dí nada. Ben. Para algúns, todo queda a xuicios relativos segun combeña. Inditex non vende a mellor roupa, e certo, nin ten a mellor calidade. Pero o seu imperio economico esta dandolle pulos o noso pais, e esta respostando a unha necesidade que ten a cidadania.

E se a sociedade galega quere ver a televisión en galego, pois nada, "non saben o que queren". Son uns fanáticos trogloditas. Teñen que ver televisión de calidade. Aínda que me pregunto eu, que é a televisión de calidade? o que sae no youtube e mellor que a tvg?

Os que pensamos distinto ca ti somos fanaticos, nazis, feixistas, e demais calificativos. A min, encantame que mo chamen, porque demostra unha falta total de recursos, dialectica, e ideas cas que rebater un dato tan contundente coma que "Son de Verán" (moi informativo) foi o programa mais visto da tvg, chegando o 20% de audiencia.

Chamame fanatico porque afirmo que prefiro que o audiovisual galego teña oportunidades de desenrrolo para os nosos profesionais, que ata consegue que xente de francia, inglaterra e ata USA veña a traballar aqui.

Chámame fanático porque non me avergonzo da xente da galiza que sae no telexornal. Non me avergonzo de ver a xente cantando en galego, porque non me avergonzo de ver a realidade rural do noso pobo. Porque disfruto cando podo ver qué acontece no noso pais.

Ben, oxalá todos fosemos máis fanáticos, e menos derrotistas. E tivesemos máis cariño polo bó traballo que facemos neste pais.

56 denun

Galiza ceive, ti , en que te basas? porque os que traballamos en tvg vemos de todo menos respeto polas nosas profesions, que a audiencia suba non quere dicir que a tvg sexa boa ou este ben feita, telecinco ten audiencia e non deixa de facer merda, por outra banda, si, exportamos traballos e traballadores 3d, pero seguro que os polacos tamen, e os franceses e os madrileños....
e respecto a o de que co cambio de governo mudou a sangue, non estou de acordo, houbo un lavado de cara, pero o resto do corpo segue a ulir a suor rancio, aparte dunha boa cantidade de amiguismos que xurdiu.....
A ver si analizamos as cousas con sentidiño, eu non me meto a profundidades pq non teño toda a informacion, pero o que si lin hoxe no xornal, e que o que fora promesa electoral das anteriores eleccions, aquela reforma da tvg, volve a ser promesa electoral outra vez, ira desta, ou teremos que agardar outros 4 anos para que touriño volva a prometer o ouro e o mouro? A ver si antes que fanaticos como Galiza ceive somos un pouquiño mas cidadans de a pe e nos decatamos que na tvg xogan cos nosos cartos, e a min solo me apesta a derroche.E Videovoz e o Moro a facerse ricos, por non falar de regiones o progresos. Os informativos suben a audiencia, pero os informativos quen os fai? Unha boa parte a fan traballadores subcontratados nos periodicos que estan en xuizos coa tvg e coas productoras, que carallo pasa con iso, que carallo fai touriño, nada. Y o BNG? nada. Eso si, usan a tvg e os seus informativos para tirarse os trastos entre eles? Pero que carallo de pais temos, que carallo de pais queremos? Galiza ceive, de verdad, fai un exercicio mental, e apartate por 5 minutos desa doctrina que tes, e preguntate se te gusta o que ves. Eu cada vez estou mais preto de levar os meus impostos a algun lugar onde os politicos non se miren tanto o carallo uns dos outros e se poñan a traballar en prol do pais.
Saude