Adeus ás distancias de seguridade e grupos burbulla nos colexios galegos

A Xunta incorpora os cambios no protocolo sanitario aprobados pola Comisión de Saúde Pública.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O comité educativo que asesora a Xunta na crise covid decidiu este venres incorporar os cambios no protocolo sanitario aprobados o pasado 3 de maio pola Comisión de Saúde Pública, para así sumar un novo avance cara á situación previa á pandemia nos centros.

Deste xeito, nun contexto "de estabilidade" pero "desde a máxima prudencia", a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades deu luz verde á eliminación das distancias de seguridade nas aulas e das limitacións de acceso de persoas alleas aos centros de ensino, entre outros aspectos.

Ademais, os grupos de convivencia estable --tamén coñecidos como 'grupos burbulla'-- poderán volver interactuar entre si, tanto en interiores como en exteriores, coas únicas excepcións dos comedores e das aulas específicas de Educación Especial.

Xunto a isto, cabe lembrar que as máscaras xa non son obrigatorias desde abril nas actividades dos centros, nin exteriores nin interiores --si no transporte--, aínda que a Consellería de Sanidade segue recomendando o seu emprego.

A pesar de todos estes avances, avalados nesta reunión do comité presidida polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, manteranse outras medidas de prevención como a ventilación, a limpeza, a hixiene e a desinfección de espazos.

Arquivo - Un neno con máscara nunha aula dun colexio. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un neno con máscara nunha aula dun colexio. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta