UGT denuncia que a Xunta "pon en risco" as vacacións do persoal de enfermaría pola xestión das substitucións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

UGT-Servizos Públicos denunciou que a Consellería de Política Social "pon en risco" as vacacións de verán do persoal de enfermaría por "defectos" na xestión das listas de substitución.

Critican, concretamente, o modelo de xestión e o déficit de persoas nas listas de contratación temporal da Xunta de Galicia, que afecta a persoal de enfermaría e auxiliares. "UGT leva anos denunciando unha situación que é recorrente e sobre a que solicitamos á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social a que realice unha proposta uniforme para todas as Xefaturas territoriais e evitar inxustas denegacións de solicitudes de vacacións no verán", explican nun comunicado.

Insisten que "ano tras ano" asisten a negativas de vacacións ou "adopción de medidas diferentes e non reguladas" como a elaboración de listas paralelas ás do Decreto 37 ou listas por centro de traballo "colocadas na porta".

Ante isto, o sindicato propuxo tres medidas: a posibilidade de modificar os ámbitos que actualmente son provinciais por outros máis delimitados como noutras categorías; a retirada temporal das penalizacións; e xestionar e ofertar bloques de varios meses de substitución máis longos aos candidatos das listas.

Sobre este último punto, indican que "de non ser así, un ano máis as substitucións son máis atractivas no Sergas e noutras comunidades autónomas e, como consecuencia, prexudícase ao persoal".

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: M.N.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta