A creación de empresas baixa un 9% en Galicia en maio

Case todas as compañías constituídas en maior foron SL (349) e só houbo unha ducia doutro tipo. As provincias e A Coruña e (42,27%) e Pontevedra (34,35%) son as que rexistran un maior número de constitucións. A máis distancia están Lugo (14,96%) e Ourense (9,42%).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

As sociedades mercantís constituídas en Galicia en maio foron 361, o que supón 37 menos (-9,3%) que un ano antes, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns.

Esta cifra tamén supón 16 menos que no mes anterior, o de abril. O capital medio subscrito foi de 17.290 euros por sociedade.

Case todas as compañías constituídas en maior foron SL (349) e só houbo unha ducia doutro tipo. As provincias e A Coruña e (42,27%) e Pontevedra (34,35%) son as que rexistran un maior número de constitucións. A máis distancia están Lugo (14,96%) e Ourense (9,42%).

O 22,4% das empresas creadas en maio pertencen á rama do comercio. Séguenlle hostalaría (13,85%) e construción (13,57%). Tres de cada catro socios son de sexo masculino. O 71,7% das empresas foi creada por un único socio fundador e o 24,10%, por dous socios.

AUMENTO DE DISOLUCIÓNS

Por outra banda, ampliaron capital social 101 empresas, por valor de 40,6 millóns. Supoñen 22 sociedades que hai un ano.

Pola súa banda, disolvéronse 101 sociedades mercantís, sete máis que en maio 2021. Así mesmo, son 17 máis que no mes anterior.

Mentres, 22 reduciron capital en maio de 2022. Ademais, no quinto mes computouse un procedemento de fusión de sociedades e outro de escisión.

Construción do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra.. XUNTA
Construción do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta