Un problema médico fai suspender a sesión do mércores do xuízo por abusos sexuais en Ribeira

O caso, que procede do Xulgado de Instrución nº3 de Ribeira, tiña prevista outra sesión para este xoves 9 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O xuízo por abusos sexuais que tiña prevista a súa primeira sesión para este mércores na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago, suspendeuse por "un problema médico" dunha das partes.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), unha das partes non puido comparecer por un problema médico.

O caso, que procede do Xulgado de Instrución nº3 de Ribeira, tiña prevista outra sesión para este xoves 9 de xuño.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta