Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 21:06
A CIG denuncia dificultades para facer a declaración da renda presencialmente en oficinas da Axencia Tributaria en Galicia.
O sindicato reclama que se dean as citas suficientes para que calquera persoa poida acudir, á vez que demanda que se garantan os dereitos dos falantes de galego nas plataformas da renda.
O sindicato indica que "moitas persoas solicitan cita" para ir ás delegacións da AEAT "e cando chegan descobren que o sistema para pedir cita telefonicamente lles leva, sen darse conta, a solicitar citas de atención telefónica".
Ademais, a CIG lembra que a maioría das persoas que piden asistencia presencial son maiores sen acceso a tecnoloxías dixitais para ter a seguridade de que realizan ben a declaración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.