Formoso convida a Rueda a falar cos pacientes que están nos corredores de urxencias agardando unha habitación

O secretario xeral do PSdeG responde ao presidente da Xunta que o "colapso" da sanidade galega "non é puntual".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/06/2022 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, replicou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que o "colapso" da sanidade galega "non é puntual" O xefe de filas dos socialistas galegos mostrouse "sorprendido" polas declaracións do presidente da Xunta nas que recoñeceu "problemas" no Sergas, pero alegou que adoitan ser "puntuais" e "non continuados no tempo".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

"Recomendaríalle", dixo, "que visite os hospitais galegos e as áreas sanitarias para que comprobe a realidade do colapso que están a padecer".

En concreto, Formoso convidou a Rueda a falar cos pacientes "que están nos corredores de urxencias esperando que lle asignen unha habitación" ou cos usuarios da sanidade pública "que levan esperando desde hai meses a que un especialista lles ofreza un diagnóstico que lles permita saber se ten posibilidades de vivir ou non".

"Falamos dunha situación francamente grave", afirmou o dirixente socialista, que lembrou que o PSdeG xa lle ofreceu axuda ao presidente da Xunta para "falar de país" e buscar solucións a un asunto que lles preocupa aos galegos e galegas.

Con este obxectivo, insistiu na necesidade de "priorizar" e "incrementar" os orzamentos para sanidade cambiando partidas. "É un asunto", sinalou, "no que, aínda que teñamos que renunciar a outros gastos, o máis importante é que o sistema sanitario galego responda e funcione cunha eficiencia e unha calidade mínima, que é a que esixen os galegos e as galegas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta