Controlado o incendio forestal rexistrado en Vilariño de Conso

Polo de agora o lume afectou a 10 hectáreas dentro do parque do Invernadoiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/06/2022 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, quedou controlado ás 20,13 h. desta tarde.

Labores de extinción dun incendio forestal. Carlos Castro - Europa Press
Labores de extinción dun incendio forestal. Carlos Castro - Europa Press

O lume iniciárase onte ás 20,08 h. e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do parque natural do Invernadoiro. No lugar levan traballando no seu control 4 axentes, 8 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta