Temas: MARISQUEO

O sector rexenerará máis de 3 millóns de m2 de bancos marisqueiros

A Xunta aportará 1,4 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Un informe analizado este xoves polo Consello da Xunta estima que o sector rexenerará neste 2022 máis de tres millóns de metros cadrados (m2) de bancos marisqueiros, a través das convocatorias de axudas da Consellería do Mar destinadas á mellora da produtividade nestas zonas. Estas actuacións enmárcanse nos 45 proxectos aprobados polo Goberno galego para esta finalidade, con case 1,4 millóns de euros que se desenvolverán entre este ano e o que vén.

Mariscadoras traballando
Mariscadoras traballando | Fonte: Xunta de Galicia.

Por unha banda, os apoios da Administración están destinados a iniciativas colectivas de conservación e restauración da biosiversidade e os ecosistemas, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Doutra banda, tamén apoian labores deste tipo as achegas a proxectos de rexeneración en bancos marisqueiros que sufran problemas de perda de produción. Neste caso, están financiadas integramente con fondos propios da Xunta.

Na maioría da superficie obxecto destes traballos --máis de 2,5 millóns de m2--, realizaranse tarefas de eliminación de substratos para impulsar a reprodución dos organismos mariños. Mentres tanto, outras medidas centradas en hábitats costeiro afectarán a máis de 139.000 m2.

Outras actuacións realizadas ao amparo destas axudas son as sementeiras de especies marisqueiras. No marco das dúas ordes de subvencións, aprobouse a implantación de máis de 42 millóns de sementes de ameixas.

Temas: MARISQUEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta