A taxa de positividade Covid en Galicia é un 1.000% superior ao recomendado pola OMS

Repuntan a 796 os hospitalizados por Covid en Galicia ao ingresar 107 máis e baixan a 14.490 os casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 repuntaron a 796 no conxunto de Galicia ao ingresar outros 107 máis este pasado fin de semana --a Consellería de Sanidade non actualiza datos desde o sábado--, dos cales 25 permanecen en UCI, mentres que os casos activos descenden a 14.490, tras abrirse 753 novos casos deste coronavirus nas últimas 24 horas. Polo seu lado, a taxa de positividade é dun 56% en Galicia, un incremento superior ao 1.000%, xa que a media da OMS está nun 5%.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo --os últimos corresponden á xornada do venres--, recollidos por Europa Press, aumentan desde o venres a 26 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia --tres máis-- e a 771 hospitalizados noutras unidades --104 máis--, mentres que 13.694 permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o luns 27 de xuño, había 594 ingresados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta con respecto ao venres pasado nas sete. Na de Lugo increméntanse a seis as persoas en UCI pola Covid-19 --tres máis que o venres-- e a 104 as hospitalizadas noutras unidades --17 máis--.

DESCENSO DE CASOS

Os casos activos descenden por primeira vez tras cinco xornadas seguidas en ascenso e sitúanse en 14.490 ao haber máis altas (3.028) que contag¡xios (1.919) este pasado fin de semana en Galicia. O luns 27 de xuño había 11.567 infeccións activas. O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Lugo (-36) que queda con 1.948 casos.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - SERGAS.  / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - SERGAS. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta