Acusan a Zara en Israel de apoloxía do Holocausto

A franquicia de Inditex ten que retirar unha camiseta tras recibir críticas polo seu suposto parecido con vestimenta dos campos de concentración.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/08/2014 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Unha camiseta para bebés con finas raias azuis horizontais e unha estrela dourada de seis puntas no peito. Esa era un dos deseños que a tenda Zara puxo no mercado.

Comparativa dunha camisola dos presos xudeos nos campos de concentración nazis coa prenda de Zara retirada
Comparativa dunha camisola dos presos xudeos nos campos de concentración nazis coa prenda de Zara retirada

Pero, a traxectoria desta peza será moi curta. Pouco despois de expoñela nos escaparates, asociacións israelís denunciaban a súa semellanza coas prendas que os xudeus levaban nos campos de concentración nazis e reclamaron a súa retirada.

Por iso, Zara decidiu retirala do mercado. Pero, segundo recollen varios medios, a filial de Inditex quere destacar que para nada tiña que ver co Holocausto, senón que a camisola está inspirada nas películas do Oeste. As raias son horizontais e non as verticais usadas nos campos de concentración e na prenda pódese ler a palabra 'shériff' dentro da estrela, que os medios israelís asocian á estrela de David.

Zara conta con 22 tendas en Israel, mentres que o grupo ten no país un total de 55 establecementos das diferentes marcas da compañía, segundo datos de 30 de abril deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Negrín

Por buscar "impacto publicitario" non saben que facer. Con todo, a camiseta é fea, supoño que xa esperaba isto, que tiñan que destruíla. Os asasinatos do goberno israelío actual non xustifica o asasinato de 6.000.000 de seres indefensos, nenos, anciáns, mulleres e homes(xudeus, anarquistas, comunistas, xitanos, deficientes mentais,etc)a man dunha maioría de alemáns, servios, etc.

7 anonimo

Impactante. Buscade en Google o seguinte: "[IMPERDIBLE] MENSAJE DE "EL ARAÑA" A LOS ESPAÑOLES Y AL MUNDO ENTERO"

6 galegoexiliado

De seguro que non as tiran e que llelas venden pa uniformes ós do jamás e os do bloque islamista galego. Ainda cubrirán gastos.

5 eusi

Acaban de asasinar a mais de 2000 persoas e séntense ofendidos por unha camisola. O que hai que ler!

1 galegoexiliado

Bueno,hasta medio millón de mortos e cen mil desaparecidos, ainda temos moito que aprender. E na Expaña sodes maestros.

4 Sionismo=fascismo

Xa andan os asasiños sionistas e os seus noxentos mercenarios a sacar tallada do Holocausto.