Acusan a Zara en Israel de apoloxía do Holocausto

A franquicia de Inditex ten que retirar unha camiseta tras recibir críticas polo seu suposto parecido con vestimenta dos campos de concentración.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/08/2014 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Unha camiseta para bebés con finas raias azuis horizontais e unha estrela dourada de seis puntas no peito. Esa era un dos deseños que a tenda Zara puxo no mercado.

Comparativa dunha camisola dos presos xudeos nos campos de concentración nazis coa prenda de Zara retirada
Comparativa dunha camisola dos presos xudeos nos campos de concentración nazis coa prenda de Zara retirada

Pero, a traxectoria desta peza será moi curta. Pouco despois de expoñela nos escaparates, asociacións israelís denunciaban a súa semellanza coas prendas que os xudeus levaban nos campos de concentración nazis e reclamaron a súa retirada.

Por iso, Zara decidiu retirala do mercado. Pero, segundo recollen varios medios, a filial de Inditex quere destacar que para nada tiña que ver co Holocausto, senón que a camisola está inspirada nas películas do Oeste. As raias son horizontais e non as verticais usadas nos campos de concentración e na prenda pódese ler a palabra 'shériff' dentro da estrela, que os medios israelís asocian á estrela de David.

Zara conta con 22 tendas en Israel, mentres que o grupo ten no país un total de 55 establecementos das diferentes marcas da compañía, segundo datos de 30 de abril deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Carlos Manso

A estrela de David ten 6 puntas, a de un sheriff ten 5. Igual os deseñadores non sabían contar. Inda así, sempre co vitimismo Israelí ás voltas.

1 rassing

Nom tal, a majoria tenhem 5, mas há tambem de 6, como podes comprovar neste link http://www.diaadia.com.ar/policiale... ou fazendo umha búsqueda em google images, por exemplo.

2 sastre de panama

que non que esa e a estrela de satanas 666 como decin que os xudeos eran adoradores de santan e da macha cabria... polo tanto e a estrela sionista de satan

2 Tolai

Vaia chorrada, o embigo do mundo sonche estes. Eu quando vim a camisola pensei em indios e vaqueiros, pelo da estrela, debe ser por ver tantas peliculas do oeste. Eles o vem porque estam traumados co holocausto pero neno, um pouco de cabeza, como vam pensar que isto se fixo a posta? Tolos, tan tolinhos.

1 De Lalín

Seguro que a esgotan os do BNG

1 BotosCapitalDoDeza

Coma ti o vinho nas festas de Botos ;)