As baixas reservas de sangue levaron a pospor 11 operacións "non urxentes", segundo Rueda

O presidente defende que se mantiveron todas as intervencións que tiñan urxencia, incluídos 13 transplantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, concretou que as baixas reservas en varios grupos sanguíneos obrigaron "a pospor unha semana" un total de 11 operacións programadas non urxentes nas áreas Sanitarias de Vigo e Santiago, aínda que defendeu que se mantiveron todas as intervencións que tiñan urxencia, incluídos 13 transplantes.

Rueda precisou estes datos, despois de ser preguntado polo caso que denunciou a Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) do adiamento que sufriría, "cando xa estaba sedada", unha paciente que tiña que ser operada de cancro de páncreas.

O propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, doou sangue o pasado sábado en Vigo para lanzar un primeiro chamamento á solidariedade ante os niveis baixos nos grupos A positivo, A negativo e 0 positivo. Rueda incidiu este mércores neste chamamento e volveuno facer este xoves.

RESPOSTA SOLIDARIA

Con todo, nunha época, a estival, na que xa é habitual o descenso de doazóns, o presidente indicou que a sociedade galega respondeu e xa se pasaron "de 300 a 600 doazóns en apenas tres días" desde o primeiro chamamento realizado por Sanidade. En todo caso, insistiu en que o feito de que se produzan baixas reservas en grupos sanguíneos é "especialmente preocupante" e "grave".

Unha unidade móbil do CTG para doar sangue.. EUROPA PRESS - Arquivo
Unha unidade móbil do CTG para doar sangue.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta