A onda de calor foi a causa da morte de medio cento de troitas no río Miño

A temperatura da auga esta catro graos por enriba do normal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/07/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O aumento da temperatura da auga causado pola onda de calor foi a causa da morte do medio cento de troitas que o pasado mércores apareceu flotando no río Miño, ao sur da cidade de Lugo, segundo a investigación aberta pola Consellería de Medio Ambiente.

Troita recén pescada
Troita recén pescada | Fonte: GC

Fontes deste departamento sinalaron que "a temperatura da auga estaba entre os 26 e 27 graos, cando normalmente oscila entre os 22 e 23 graos".

O aumento da temperatura da auga provoca que diminúa o nivel de osíxeno que, segundo apuntou a consellería, situábase na zona ao redor do 5 mg/l (miligramos por litro). "Nestas condicións, os salmónidos, cando non poden acceder a zonas de auga máis fría e con máis osíxeno, morren", aseverou.

A Consellería de Medio Ambiente sinalou que non se trata dun "feito inusual" na zona. "Pasou noutras ondas de calor e no mesmo tramo", asegurou. En concreto, a área afectada coincide co paso do Miño á altura do Club Fluvial, o Balneario e a contorna de Catro Ventos, en Conturiz (Lugo).

Pola súa banda, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que acudiu ao lugar dos feitos para tomar mostras da auga, confirmou que "non se aprecia rastro de ningunha vertedura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta