O cadáver achado en Santiago é o do home de 77 anos que levaba desaparecido desde o día 18

SOS Desaparecidos xa desactivou a alerta de procura relativa a Andrés Míguez Seijo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

As forzas da orde desactivaron a procura de Andrés Míguez Seijo, o home de 77 anos que levaba desaparecido en Santiago desde o pasado 18 de xullo, despois de ser identificado o cadáver achado este martes na zona de San Marcos.

En concreto, segundo informaban a Europa Press fontes da Policía Nacional, un particular chamou sobre as 8,20 horas da mañá para alertar de que atopara o corpo sen vida nunha zona próxima onde buscaban ao septuaxenario.

Así, aínda que xa se produciu o levantamento do cadáver e todo apuntaba a que se trataba de Andrés Míguez Seijo, aínda faltaba a identificación oficial.

Horas máis tarde, sobre as 15,30 horas, a Policía Nacional trasladaba ao 112 Galicia a desactivación do dispositivo de procura deste home ao ser identificado o cadáver.

Home de 77 anos desaparecido en Santiago
Home de 77 anos desaparecido en Santiago | Fonte: SOS DESAPARECIDOS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta