Tanxugueiras acada o número 1 de vendas en tendas físicas, por enriba de Beyoncé e Harry Styles

No cómputo global de vendas físicas e dixitais ocupa a cuarta posición.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Tanxugueiras logrou o número 1 de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum 'Diluvio', co que está a percorrer a península ibérica na xira 'Midas', de presentación do mesmo.

As Tanxugueiras en Pano Corado
As Tanxugueiras en Pano Corado | Fonte: remitido

Segundo informan, o disco, publicado o pasado 29 de xullo, situouse como "o máis vendido en tendas físicas na semana do seu lanzamento, quedando por enriba de nomes como Beyoncé ou Harry Styles".

O dato, facilitado por GFK e Promusicae (Produtores de Música de España), "dá boa conta da boa acollida que recibiu entre o público este novo traballo". No cómputo global de vendas físicas e dixitais, 'Diluvio' ocupa a cuarta posición.

O seu terceiro traballo discográfico é un álbum conceptual editado por Calaverita Records e que propón romper co establecido para "volver aprender".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta