Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 11:34
O incendio forestal do Barbanza, que arrasa unhas 2.200 hectáreas, iniciouse na cheminea dunha vivenda particular, segundo a investigación realizada pola Policía Autonómica, dependente da Xunta, e que foi filtrada ao xornal La Voz de Galicia.
De tal forma, o Goberno galego solicita "máxima prudencia á cidadanía no relativo á realización de actividades que poidan provocar lumes forestais".
O lume, que comezou na parroquia de Cures, municipio de Boiro, o pasado 4 de agosto, estendeuse polo Barbanza, con afectación aos municipios da Pobra do Caramiñal e Ribeira. Na mañá deste mércores atópase estabilizado, aínda sen controlar.
Entre outros medios, traballaron para a súa extinción: 15 avións, 12 helicópteros, 177 brigadas, 98 motobombas, 10 pas e 102 axentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.