Asociacións de Consumidores piden un espazo tecnolóxico autónomo polo que paguen Amazon, Google ou Netflix

Reclaman que as grandes plataformas dixitais compartan o custe de manter as redes de telecomunicacións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/08/2022 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

ADECES (Asociación Pro Derechos Civiles, Económicos y Sociales), UCC (Unió de Consumidors de Catalunya-UCC), UCE-EUS (Unión de Consumidores de Euskadi) e UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia), reclaman  reclaman un cambio de paradigma na regulación das telecomunicacións europeas que permitaconstruír un espazo tecnolóxico autónomo. Ademais, piden que as grandes plataformas dixitais (OTTs) compartan coas persoas usuarias o custe de manter as redes de telecomunicacións.

Netflix
Netflix

A construción dese espazo pasa pola contribución das grandes plataformas tecnolóxicas no mantemento das redes de telecomunicacións da UE e por definir regulacións cuxas obrigacións alcancen aos provedores de servizos dixitais, evitando a asimetría regulatoria que vén caracterizando o mercado das telecomunicacións en sentido amplo.

A xuízo das asociacións, as autoridades europeas non poden seguir mantendo un esquema de negocio no que son as persoas usuarias europeas as que sufragan o custo dos investimentos e do mantemento das infraestruturas de telecomunicacións, mentres que as 6 grandes tecnolóxicas mundiais (Google, Meta, Netflix, Apple, Amazon e Microsoft) xeran o 57% do tráfico da internet.Unha porcentaxe que continuará en ascenso polo incremento de usuarios, o aumento de calidade nos vídeos e o maior uso de datos na nube.

RENDEMENTOS MILLONARIOS

Tanto os servizos de pago como a monetización das aplicacións gratuítas requiren unhas redes adecuadas para poder prestar servizo de calidade a todos os clientes ou usuarios, incluídos os das plataformas. De feito, Amazon Web Services e Amazon Prime, representan o 20% dos 470.000 millóns de dólares que factura Amazon.

En Apple, os seus servizos de música, televisión e pay supoñen o 19% dos seus ingresos (366.000 millóns de dólares). Pola súa banda, preto do 70% dos 258.000 millóns de dólares de facturación de Alphabet proveñen de Google, Youtube, Maps e Mail. A nube, os xogos e Linkedin supoñen máis do 46% dos 168.000 millóns de dólares que factura Microsoft. Por último, Meta, obtén o 97% (118.000 millóns de dólares) dos ingresos por publicidade que atraen os seus 2.900 millóns de usuarios 2.

As plataformas de consumidores denuncian que, se non se aborda a contribución das grandes plataformas tecnolóxicas, os usuarios europeos seguirán sufragando unhas redes que requiren cada vez de maior investimento, por tanto verán incrementados os seus prezos. Ademais, critican que Europa non poderá ser un actor relevante en materia de innovación tecnolóxica e de servizos tecnolóxicos e os cidadáns e empresas de telecomunicacións europeas quedarán supeditados á tecnoloxía doutras áreas e ás súas condicións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta