Verín pide a declaración de zona catastrófica polos incendios

O cómputo global de hectáreas queimadas no concello é de 1.931.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/08/2022 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O Pleno do Concello de Verín aprobou, por unanimidade, activar o protocolo para solicitar a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil --antes coñecida como zona catastrófica-- polos danos provocados polos incendios na zona.

Celebración do Pleno. Foto: Prensa Concello de Verín.
Celebración do Pleno. Foto: Prensa Concello de Verín.

Así, búscase que se habiliten liñas de axudas e subvencións estatais en relación cos lumes iniciados 3 de agosto --xa extinguidos-- que calcinou unhas 600 hectáreas. Tivo máis de 10 focos, o que apunta a unha "clara intencionalidade".

Este lume provocou "importantes danos materiais" e obrigou a activar á Situación 2 por proximidade a vivendas, cunha "gran virulencia" en Cabreiroá, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro, Caldeliñas, A Rasela e Tintores.

Pola súa banda, tamén se fai esta declaración en relación co lume iniciado o 18 de xullo no municipio de Oímbra, que entrou desde Portugal, con afectación á parroquia de Mandín, en Verín.

De tal forma, o cómputo global de hectáreas queimadas no concello é de 1.931, segundo os cálculos achegados polo Concello de Verín.

Varios bombeiros traballan na extinción dun incendio forestal producido en Verín desde Ábedes, a 3 de agosto de 2022
Varios bombeiros traballan na extinción dun incendio forestal producido en Verín desde Ábedes, a 3 de agosto de 2022 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Ademais, a corporación municipal quixo agradecer a todos os profesionais voluntarios que participaron na extinción do incendio polo seu gran traballo e rápida resposta. "Sen dúbida, grazas a todos eles evitouse que o desastre fose moito maior", sostén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta