Así quedou a fonte dos nenos de Pontevedra logo dun acto vandálico

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Un grupo de mozos vandalizou na madrugada do xoves ao venres --entre as 5 e as 6 da mañá-- una das figuras da Fonte dos Nenos de Pontevedra, segundo informou a Policía Local, que traballa en identificar os autores.

Un portavoz da Policía Local apuntou que teñen "moitos datos" e que esperan "en breve" telos identificados a todos, posto que se tratou dun grupo "reducido" de mozos e un deles tivo "unha participación moito máis activa", aínda que "os outros non fixeron nada para impedilo, por tanto tamén son responsables".

O máis activo "o que estivo a facer foi balancear" a escultura, segundo este portavoz, por iso é polo que os danos, "a pesar de que son graves, tampouco é que esnaquizasen a figura" e "é reparable".

Nestes momentos "están a revisarse as cámaras da contorna para tratar de identificalos". "É probable que se trate dun delito --contra o patrimonio público--, por tanto será comunicado ao xulgado", avisou este portavoz da policía, antes de precisar que se o responsable "aparecese" tería "unha atenuante de cara á pena que poida ter".

Nestes momentos a escultura, con danos nunha perna e no nocello da outra, atópase na nave dos servizos técnicos, que están a valoralos.

Estado no que quedou unha das figuras da Fonte dos Nenos de Pontevedra. POLICÍA LOCAL
Estado no que quedou unha das figuras da Fonte dos Nenos de Pontevedra. POLICÍA LOCAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta