Encontro Galego contra a OTAN denuncia o uso do arsenal de Ferrol por buques da Alianza Atlántica

Converte a cidade en "central de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo", explica a Plataforma.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O Encontro Galego contra a OTAN denuncia que o uso de instalacións militares por parte da Alianza Atlántica en Ferrol segue sendo "a tónica xeral á que nos somete o Goberno Español, por moi progresista que se defina".

Presentación do Encontro Galego contra o Cumio da OTAN, unha entidade que critica o apoio da OTAN a Ucraína na guerra iniciada por Rusia
Presentación do Encontro Galego contra o Cumio da OTAN, unha entidade que critica o apoio da OTAN a Ucraína na guerra iniciada por Rusia | Fonte: remitida

Nun comunicado, a plataforma asegura que a Armada está a poñer a punto un peirao na cidade para que calquera buque da OTAN poida utilizar as bases navais do Estado español "como centrais de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo". Unha situación que, din, "convirte as localidades onde están ubicadas en obxetivos militares, feito que supón a total perda de autonomía para o país".

Por iso, desde o Encontro Galego contra a OTAN denuncian "a obediencia do Réxime do 78 co imperialismo ianqui-europeo e as consecuencias que esta provoca sobre a clase obreira e as capas populares galegas". Tamén mostran o seu rexeitamento ás "reformas, rendendo

pleitesía á Alianza Atlántica, que pretende emprender a Mariña en Ferrol, apuntando a esta zona como un enclave bélico".

 

Por último, o Encontro volve apelar á "maior unidade posible das organizacións, asociacións e persoas a título individual antiimperialistas a coordinarse na Galiza a través do noso Encontro, para seguir estendendo a defensa da paz e a soberanía dos pobos", sentenzan no comunicado, no que tamén denuncian o compromiso dos estados membro co aumento do gasto militar e a venda de armas ratificado no pasado cumio que se celebrou en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

E nos denunciamos que os do encontro ese falan coma se Rusia non houbese invadidio Ucrania, nunha acción ultraimperiialista e que, desde logo vai contra a soberanía dos pobos. Sacan do caixón o discurso de fai cuarenta anos, e falan coma se non hubera esa invasión.