Sen auga corrente pola noite: Riós pecha a billa aos veciños para loitar contra a seca

O consistorio ourensán asegura que os veciños non limitaron o consumo como se lles pedira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O Concello de Riós anunciou que interromperá a subministración de auga corrente en varios núcleos de poboación durante as noites debido á seca. A decisión, anunciada nun bando asinado pola alcaldesa, Eva María Barrio; afecta as parroquias de Vendas, Riós, Ferreiras, Romariz e Marcelín.

Nestes núcleos, a auga corrente estará cortada ata novo aviso entre as 23,30 e as 07,30 horas. O consistorio alega que a medida está provocada pola situación de seca e tras contastarse que o consumo de auga non se reduciu a pesar de realizar "varios avisos" aos veciños para que moderasen o seu uso.

Encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022. M. Dylan - Europa Press
Encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta