O conselleiro de Sanidade avisa: "Hai que vacinarse da Covid"

Destaca que a pandemia "aínda non terminou".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo un chamamento os que non se vacinaron aínda pola Covid-19 a que o fagan, pese ao "pequeno respiro" que, segundo dixo, está a detectarse en relación aos ingresos hospitalarios.

"Levamos practicamente desde principio de ano nun nivel de ocupación asistencial realmente alto, especialmente na Coruña", expuxo sobre a tónica destes meses e, en particular, sobre a área sanitaria coruñesa.

Con todo, destacou que "nas últimas semanas" ese número "baixou". Aínda así, insistiu en que a pandemia "non terminou". "Segue aí, aínda que cunha situación máis relaxada".

Por iso, instou a vacinarse a aquelas persoas que "non o fixesen". Mentres, preguntado polo inicio do curso escolar e se haberá algunha medida específica, apuntou que non haberá "novidade", máis que as medidas "xerais".

Unha nena prepárase para ser vacinada contra a Covid-19 no recinto feiral de Expourense / Rosa Veiga - Europa Press.   / Europa Press
Unha nena prepárase para ser vacinada contra a Covid-19 no recinto feiral de Expourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ConchiAqKz

Que pasa?acaba el turismo y ya empiezan a dar por el saco, que se vacune él, tengo un familiar y bastante joven muy fastidiado por ese experimento y a saber cómo terminará, cuando era joven,sano y deportista y ahora es una piltrafa y sin solución, todos se lavan las manos