Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/09/2022 | Actualizada ás 10:16
O incendio que afecta Ribadavia, na súa parroquia homónima, alcanza as 30 hectáreas calcinadas, segundo a actualización de datos estimados achegado pola Consellería de Medio Rural. O lume permanece activo desde que se declarou ás 18,48 horas deste xoves. Para aplacar as chamas, foron mobilizados un técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 17 motobombas, dúas pas, sete avións e sete helicópteros.
A Consellería do Medio Rural informou, igualmente, da extinción do incendio forestal iniciado na parroquia de Parada, no municipio ourensán de Lobeira, e que queimou algo máis de 40 hectáreas, case todas de monte raso. Segundo o último parte, o lume foi dado por extinguido pouco despois das 13,30 horas. Nos labores participaron nove axentes, 28 brigadas, 11 motobombas, unha pa, cinco avións, e nove helicópteros. As chamas afectaron ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Por outra banda, permanece controlado o incendio forestal que afecta o municipio de Cenlle, tamén en Ourense, e que queimou unhas 62 hectáreas. Participan no operativo tres técnicos, 33 axentes, 83 brigadas, 47 motobombas, tres pas, oito avións e nove helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.