Allariz apúntase tamén ao turismo deportivo organizando un trail

O vindeiro 25 de setembro terá lugar o 1º Trail de Allariz cun percorrido que transcorrerá polo casco urbano e polos montes da contorna.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 15/09/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz organiza o 1º Trail de Allariz, unha competición que se celebrará o vindeiro 25 de setembro con saída ás 9:00 na distancia de media maratón –22,20 quilómetros-- e ás 9:30 na distancia curta de 13,66 quilómetros. A saída será no Campo de Vilanova e o percorrido transcorrerá polos montes que rodean Allariz e polo casco urbano da vila.

Roberto Naranjo (técnico de deportes), Bernardo Varela (concelleiro e tenente Alcalde) e Javier López (técnico de deportes) na presentación da proba. Foto: Prensa Concello de Allariz
Roberto Naranjo (técnico de deportes), Bernardo Varela (concelleiro e tenente Alcalde) e Javier López (técnico de deportes) na presentación da proba. Foto: Prensa Concello de Allariz

Na proba poderán participar todas aquelas persoas con 16 anos feitos o día da proba e diferéncianse dúas categorías: Senior, para mulleres e homes de 16 a 44 anos, e Master para mulleres e homes maiores de 45 anos. Os trofeos entregaranse aos 3 primeiros clasificados de cada categoría e haberá un agasallo para todas as persoas participantes.

Bernardo Varela, tenente de Alcaldía e concelleiro de Medio Ambiente, resaltaba na presentación do evento deportivo “a importancia desta nova proba en Allariz, xa que este evento percorrerá parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz, así como parte do Camiño de Santiago que pasa polo Concello. Todas as persoas que se acheguen a participar gozarán dun escenario natural inmellorable”.

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse a través da web sportmaniacs.com ou na APP SAUDETER LIVE, dispoñible en Play store e en APP Store e a data límite para facelo é o 21 de setembro ás 23:59 h. O custe da proba é de 17 euros.

Foto do cartel anunciador do 1º Trail de Allariz.
Foto do cartel anunciador do 1º Trail de Allariz.

Os dorsais e chips poderán recollerse o xoves 22 e o venres 23 de setembro de 15:00 a 22:00 horas e o sábado 24 de 9:00 a 13:30 horas na piscina municipal de Allariz; ou tamén o propio día da proba, na zona habilitada unha hora antes da saída de 8:00 a 8:50 h.

Haberá avituallamento líquido ao longo do percorrido, e líquido e sólido na meta, que será no Campo de Vilanova (piscinas municipais). Haberá servizo de duchas en ditas instalacións.

O regulamento da competición pode consultarse na web: https://www.allariz.gal/traildeallariz/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta