O Parlamento galego quere que Galicia estea presente no Cume Ibérico

Insta a Xunta de Galicia a requirir do Goberno central "que apoie a presenza dos presidentes das comunidades autónomas fronteirizas no Cume Ibérico, para que defendan as cuestións do seu campo competencial".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O Parlamento galego instou á Xunta a pedir ao Goberno central a presenza das comunidades autónomas fronteirizas no Cume Hispano-Portuguesa. Fíxoo tras a presentación por parte dos populares dunha proposición non de lei -- aprobada con modificacións tras a proposta do BNG de incorporación dun punto ao texto inicial do PP-- e co voto a favor de ambas as formacións e a abstención dos socialistas.

No texto aprobado, o Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a requirir do Goberno central "que apoie a presenza dos presidentes das comunidades autónomas fronteirizas no Cume Ibérico, para que defendan as cuestións do seu campo competencial".

Tamén piden que apoie as reivindicacións presentadas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, "como as que van na liña de mellorar a calidade de vida da cidadanía", principalmente "a que vive máis preto da fronteira, como pode ser o caso do Estatuto do Traballador Transfronteirizo".

Tamén se demanda "a mellora das infraestruturas básicas, como son a conexión do tren da alta velocidade entre Porto-Vigo e o saída sur de Vigo, a ampliación e a construción da ponte internacional Salvaterra de Miño-Monçao". A iso, suman a conexión en autovía entre a localidade lusa de Macedo de Cavaleiros e Vinhais coa A-52 e a estación do AVE na Gudiña, entre outras actuacións.

Grupo Popular no Parlamento de Galicia.. PPDEG
Grupo Popular no Parlamento de Galicia.. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta