A Xunta di que a final de ano estarán pagadas todas as axudas pola vaga de incendios deste verán

Recibiu 685 solicitudes de axuda por un importe de 4,7 millóns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/09/2022 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou este xoves a aprobación por parte

Unha persoa observa unha zona arrasada polo lume, a 16 de agosto de 2022, no Courel
Unha persoa observa unha zona arrasada polo lume, a 16 de agosto de 2022, no Courel | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

do Consello da Xunta de Galicia do acordo polo que se dá conta das axudas solicitadas ao abeiro do Decreto de medidas urxentes para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o pasado mes de xullo. En total recibíronse de 685  olicitudes recibidas por importe de máis de 4,7 millóns de euros.

Rueda sinalou que o Goberno galego “salentou pola axilidade á hora de tramitar estas axudas” para os afectados, fronte ás convocadas por outras administracións. “O executivo central anunciou hai tres semanas que algunhas das zonas afectadas polos incendios de Galicia terían a declaración de zona catastrófica pero desde entón nada se soubo”, indicou o presidente da Xunta.

Agora, as peticións están sendo obxecto de valoración por parte das consellerías  orrespondentes. Ademais, o acordo aprobado este xoves ordena o inicio dos trámites  administrativos para o seu pagamento, de maneira que o prazo de pagamento estimado está previsto en todos os casos antes de fin de ano. Os primeiros en recibir as axudas serán os establecementos comerciais, industriais ou turísticos que tiveron danos polos lumes. “Hoxe mesmo activouse a orde de pago e recibirán as axudas nun prazo de 10 días ou días semanas”, destacou Rueda. 

As solicitudes rexistradas, agregou o presidente, corresponden ás ordes de axudas destinadas á reparación de danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico; nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras, así como nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís. Tamén se inclúen as subvencións dirixidas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural en espazos protexidos e aos de terreos cinexéticos ordenados (tecor), xunto co apoio prestado ás entidades locais afectadas.

1,7 MILLÓNS PARA AS VIVENDAS

Canto ás vivendas, rexistráronse 20 solicitudes cunha valoración estimada de danos de

máis de 1,75 millóns de euros no marco das axudas para propietarios ou usufrutuarios

de vivendas afectadas polos lumes. Trátase dunha orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que sufraga o 100 % do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual e de instalacións complementarias, e tamén ata ese máximo para cubrir os gastos de ser posible a reparación ou rehabilitación, sen que o importe poida superar os 122.400 euros. Para as residencias non habituais, a axuda pode abarcar os 61.200 euros, tanto no caso de determinarse a ruína como no de rehabilitación ou reparación.

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural está a analizar as 639 peticións de axuda para a reposición de explotacións afectadas polo lumes, que suman máis de 2,2 millóns de euros.  en concreto, 566 dun montante próximo aos 1,6 millóns de euros para cubrir a reposición dos bens, equipamentos, maquinaria, medios de produción, producións e gando ou colmeas danados en explotacións agrícolas e gandeiras, así como a subministración de alimentación complementaria. No caso das subvencións para explotacións forestais, contabilizáronse 73 solicitudes para recibir subvencións por preto de 700.000 euros para, entre outros conceptos, a reposición das infraestruturas de titularidade privada en terreos forestais e o equipamento forestal danado.

OBRAS ABASTECEMENTO O COUREL

Por outra banda, o Consello da Xunta abordou hoxe a declaración de emerxencia para a execución das obras necesarias de reconstrución das instalacións de abastecemento no concello de Folgoso do Courel, que suporán un investimento de 200.000 euros.

 

"Co obxectivo de garantir o abastecemento á poboación deste municipio lucense, a Xunta

axilizou os trámites previos obrigados para acometer as actuacións de rehabilitación dos

sistemas de abastecemento aos núcleos de Folgoso, Mazo de Santigoso, A Campa, Vilar,

Vidallón e Vilamor", indicou o presidente galego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta