A banda escocesa Capercaillie e Guadi Galego actuarán no Festival Cantos na Maré

Forma parte dos concertos do Xacobeo 21-22.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/09/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A banda escocesa Capercaillie, Guadi Galego ou as catalás Maruja Limón serán algúns dos artistas que actuarán esta semana en Santiago de Compostela na XVIII edición do festival Cantos na Maré, que se enmarca nesta ocasión dentro dos concertos do Xacobeo 21-22.

Guadi Galego
Guadi Galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este luns na rolda de prensa de presentación do festival, que terá lugar na capital galega entre o vindeiro mércores, 21 de setembro, e o domingo.

"Este festival, nado como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritores galegos, unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galego-portugués é, sen ningunha dúbida, unha achega inconmensurable á oferta cultural galega, especialmente neste ano Santo que estamos a celebrar", subliñou Castro.

Neste sentido, destacou a importancia deste tipo de eventos que axudan a que Galicia teña visibilidade nacional e internacional como destino hospitalario, creativo, innovador e con fondas raíces pero cunha gran capacidade para reinterpretarse sen esquecer a tradición.

O cartel desta XVIII edición inclúe á banda escocesa Capercaillie, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia; a artista angolana Pongo; os brasileiros Orquestra Voadora e Chico César; o trío do Rajasthan Barmer Boys; as catalás Maruja Limón; a arxentina Sofía Viola ou as galegas Guadi Galego e Antía Muíño.

Será o parque de Bonaval de Santiago o centro neurálxico do festival, a pesar de que tamén se celebrará noutras localizacións da cidade, como o Auditorio de Galicia ou o Teatro Principal, a Sala Capitol ou a Praza da Quintana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta