Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/09/2022 | Actualizada ás 17:35
Un motorista perdeu a vida este luns tras colidir a moto na que circulaba contra un turismo na parroquia de Pexeiros, no concello ourensán de Viana do Bolo.
Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular advertía sobre as 15,10 horas deste accidente no punto quilométrico 6 da estrada OU-533. Nesta comunicación, o alertante reclamaba asistencia para o motorista.
Con esta información, os xestores do 112 deron aviso aos servizos sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, pero nada puideron facer por salvar a vida do motorista. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o GES da Gudiña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.