Morre outro obreiro da construción nun accidente en Poio

Sufiru unha caída na obra na que traballaba.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/09/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Un operario faleceu este venres no municipio pontevedrés de Poio tras sufrir unha caída de altura cando traballaba nunha obra, concretamente na parroquia de Combarro. É o segundo incidente nunha obra nos últimos días.

Segundo informou o 112, o home, que se precipitou desde un primeiro piso, faleceu sen que os profesionais sanitarios alí desprazados puidesen facer nada pola súa vida.

Ao lugar do accidente, Chancelas, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso, que tivo lugar ao redor das 12,00 horas. Ademais, desde o 112 solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Operarios nunha obra da construción
Operarios nunha obra da construción | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta