A falta de confianza pola crise augura "complicacións" económicas no Inverno

Segundo o Indicador Abanca-Foro, o verán reforza o crecemento da actividade económica galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O verán reforza o crecemento da actividade económica galega, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia, que rexistrou en xullo un incremento anual do 3%, cinco décimas por encima da taxa de xuño.

Desde maio, a actividade económica galega experimenta "un claro ascenso", segundo Foro Económico de Galicia, "consecuencia da recuperación do turismo". A chegada de viaxeiros e o transporte de pasaxeiros incrementáronse, segundo os seus datos, por encima dun 20% en termos interanuais, ao manter ascensos "extraordinarios" desde comezos de ano.

En todo caso, sinala que este "bo comportamento" será "transitorio" polas incertezas na contorna internacional, a alza de prezos nas materias primas e a crise enerxética. "A falta dunha solución ao conflito no medio prazo está a pasar factura na confianza dos consumidores augurando complicacións de cara ao inverno", advirte.

No que se refire a a evolución individual das variables recollidas no indicador, xunto coas turísticas, o Foro chama a atención sobre as importacións, cun incremento de máis do 25%. Pola contra, o índice de produción industrial segue o retroceso que iniciou en maio cun descenso de case o 40% en termos interanuais.

Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo
Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta