O prezo do aluguer en Galicia cae un 2,6% en setembro, segundo idealista

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer de vivendas caeu en Galicia un 2,6% durante o mes de setembro, aínda que cidades como Ourense (+3,9%) e Santiago (2,2%) experimentaron subidas, segundo o portal inmobiliario idealista.

Así, a baixada no conxunto galego débese á caída dos prezos na provincia de Pontevedra, onde se produciu un descenso do 6,3%. Tamén caeron en Lugo (-0,6%), mentres aumentaron en Ourense (2%) e A Coruña (0,3%).

Deste xeito, Ourense e Lugo son as provincias máis baratas de Galicia co metro cadrado a 5,9 euros mensuais. A máis cara é Pontevedra (9 euros por m2), seguida pola Coruña, con 7,3 euros/m2.

Nas cidades, os prezos aumentaron en Ourense (3,9%) e Santiago (2,2%) e baixaron na Coruña (-2,2%), Pontevedra (-1,9%), Lugo (-0,1%) e Vigo (-1,4%). Así as cousas, A Coruña mantense como a urbe galega cos prezos máis caros con 8,2 euros/m 2 , seguida por Santiago de Compostela (7,9 euros/m 2 ) e Pontevedra (7,1 euros/m 2 ).

No polo oposto está Ourense como a máis económica (6,1 euros/m 2 ) seguida de Lugo (6,3 euros/m 2 ). Pola súa banda, na cidade de Vigo o prezo situouse en 8,9 euros/m2.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o prezo do aluguer de vivendas apenas se incrementou un 0,1% durante o terceiro trimestre do ano e baixou un 1,1% en setembro en relación ao mes anterior, segundo un informe publicado este luns polo portal inmobiliario idealista.

Unha calculadora e unhas chaves sobre un contrato de arrendamento (aluguer) dunha habitación nunha vivenda compartida
Unha calculadora e unhas chaves sobre un contrato de arrendamento (aluguer) dunha habitación nunha vivenda compartida | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta