Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 17:08
Un home de 77 anos de edas perdeu a vida este martes ao ser atropelado por un vehículo en pleno centro de Santiago de Compostela, á altura do paso de peóns que se atopa á entrada do Parlamento de Galicia. Fontes do 061 confirmaron a Europa Press que ata o lugar do sinistro desprazouse unha ambulancia de soporte vital avanzado tras recibir aviso ás 15,15 horas.
O persoal sanitario fixo manobras de reanimación cardiopulmonar ao home, que responde ao iniciais M. L. F., de 77 anos, pero a gravidade das feridas provocáronlle a morte e os sanitarios confirmaron o falecemento. A Policía Local cortou ao tráfico a zona, entre a curva da rúa do Hórreo coa avenida de Lugo e o cruzamento con República de Arxentina, o tramo que ocupa a mazá do Pazo do Hórreo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.