Prisión provisional comunicada e sen fianza para dous detidos na operación antidroga en Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2022 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa acordou prisión provisional comunicada e sen fianza para dúas dos tidos na nova operación contra a droga que levou a cabo en varias localidades de Arousa o pasado mércores.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que S.T e R.D. están investigados por presunto delito contra a saúde pública e pertenza a grupo/organización criminal e para eles decretouse o seu ingreso en prisión comunicada e sen fianza.

Pola súa banda, para os outros dous, L.P e R.B, decretouse liberdade con comparecencias mensuais, retirada do pasaporte e prohibición de saída do territorio estatal. Están investigados polos mesmos delitos que os outros dous arrestados.

O operativo, que polo menos incluíu o rexistro dunha vivenda en Cambados, estivo coordinado pola Garda Civil e Policía Nacional. No dispositivo participaron varios medios, entre eles, un helicóptero.

Sede Del Tribunal Superior De Xustiza
Sede Del Tribunal Superior De Xustiza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta