Por Galicia Confidencial | Allariz | 18/10/2022 | Actualizada ás 09:00
Segundo comentaba a Alcaldesa, Cristina Cid, na presentación oficial da remodelación, a Alameda alaricana "presenta algunhas dificultades, así como un deterioro por culpa do movemento de terras que ten sufrido nos últimos tempo. Así mesmo o crecemento das árbores e a pantalla vexetal do centro da Alameda dificultan o aproveitamento do espazo, impedindo tanto o transito como a visión".
Os traballos consistirán na substitución do pavimento actual, arranxo e amaño das luminarias, recuperación e arranxo da rede de sumidoiros, o arranxo e limpeza da varanda e colocación dos xardíns centrais ao carón do rúa, cun novo axardinamento de case tres metros de ancho e unha extensión de case cento cincuenta metros de longo, convertendo este nova zona nun xardín botánico. Este espazo contará con preto de 150 especies vexetais que permitirán que ao longo de todo o ano a Alameda presente novas cores.
Dentro do proxecto tamén se levantará o pavimento que vai dende a pérgola do fondo da Alameda, por onde a pasarela, ata a entrada do Arnado para substituíla por sábrego compactado e así dar unha continuidade a todo o conxunto.
A obra terá unha duración dun mes na súa totalidade, aínda que parte da remodelación estará rematada en 15 días, polo que xa se verán cambios nos vindeiros días.
A obra está cofinanciada polo Concello de Allariz, a Reserva da Biosfera e a Axencia de Turismo de Galicia cun custe total de 170.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.