Morre un home en Verín despois de que o seu vehículo saíse da vía e acabara envorcando

Tamén se rexistrou outro accidente en Carballeda entre dous vehículos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Un home faleceu nun accidente de tráfico en Verín. Segundo informou o 112, tivo constancia do accidente sobre as 11,15 horas, a través da chamada dun particular, que alertaba dun coche envorcado na A-52, á altura do punto quilométrico 150, sentido Benavente, ao seu paso pola parroquia de Cabreiroá.

A Garda Civil ratificou que o sinistro consistiu nunha saída de vía, por unha pista forestal intransitable, e a caída sobre a calzada da A-52. Faleceu o condutor e único ocupante do Land Rover Range Rover Evoque.

Tras recibir o aviso do 112, os bombeiros de Verín desprazáronse ao momento e confirmaron a excarceración do condutor, falecido.

Tamén se mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que non foi precisa a súa intervención, xa que os servizos de emerxencias non puideron facer nada pola vida do condutor.

O operativo tamén contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento da estrada. Igualmente, foron informados os axentes da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

ACCIDENTE EN CARBALLEDA

Os equipos de emerxencias tamén se mobilizaron deu o aviso unha persoa particular non implicada na colisión.

O alertante utilizou a ferramenta 'e-call', o sistema de chamada de emerxencia instalado no vehículo, para contactar co 112 Galicia e solicitar axuda para os implicados na colisión. No seu relato, indicaba que todos os ocupantes de ambos os vehículos atopábanse liberados e accesibles, pero que podían necesitar asistencia sanitaria.

O 112 deu aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Ribadavia.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, o 112 puxo a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento das estradas.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta