A Deputación de Pontevedra crea unha liña de axudas por 90.000 euros para escolas musicais da provincia

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou que as escolas de música funcionan como dinamizadoras culturais e constitúen para o alumnado en xeral e, en especial, para o de idades temperás.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2022 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou unha orde de axudas de 90.000 euros que irán destinadas a apoiar a actividade de 25 escolas de música da provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu este venres para anunciar a aprobación desta medida na xunta de goberno provincial.

Trátase de 90.000 euros orientados a financiar gastos de funcionamento de 25 entidades que presentaron solicitudes en 19 concellos da provincia.

Carmela Silva sinalou que as escolas de música funcionan como dinamizadoras culturais e constitúen para o alumnado en xeral e, en especial, para o de idades temperás

Pontevedra conta cunhas 60 bandas de música inscritas no Catálogo de grupos Pontegal da deputación. "Son mostra da importancia que eses colectivos representan para a cultura popular galega", sinalou Silva.

As axudas que se aprobaron este venres preséntanse en réxime de concorrencia competitiva e están destinadas a subvencionar os gastos correntes e de persoal necesarios no desenvolvemento das súas actividades docentes.

EFICIENCIA ENERXÉTICA

Ademais, Carmela Silva tamén informou na súa comparecencia de prensa da recepción de dúas axudas para os concellos das Neves e Catoira por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), un organismo adscrito ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Destinaranse a novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais, concretamente, na Escola Unitaria e Escola Infantil de Dimo nas Neves (55.800 euros) e ao edificio do concello e o Centro Cultural de Catoira (47.000 euros).

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta