Galicia sitúase entre as CCAA con menos esperanza de vida a partir dos 50 por non investir en sanidade pública

O informe da UAB evidencia que canto máis gasto en sanidade pública, máis esperanza de vida haberá. As expectativas de anos de vida soben en comunidades que máis invisten en sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia sitúase á cola entre as comunidades autónomas que teñen unha esperanza de vida máis alta en boa saúde a partir dos 50 anos de idade, segundo un estudo realizado polo Centro de Estudos Demográficos da Universitat Autònoma de Barcelona (CED-UAB) no que se analizan factores socioeconómicos e sanitarios rexionais e no que se conclúe que o gasto en sanidade pública é definitorio.

O estudo sinala que en Galicia, as mulleres teñen, unha vez pasados os 50 anos, unha esperanza de vida doutros 37 anos --é dicir, ata os 87--, dos cales se estima que tan só 9,3 deles gozarían dun bo estado de saúde. É o terceiro peor dato de toda España.

Pola súa banda, os homes galegos teñen unha esperanza de vida menor que as mulleres, que se sitúa nos 32,1 anos despois de cumprir os 50 --ata os 87--. Destes, estímase que 10,8 anos terían un bo estado de saúde, o cuarto peor dato do Estado.

Este informe analiza datos de seis enquisas de saúde nacionais e europeas, datos de mortalidade do Instituto Nacional de Estatística (INE). Ademais, teñen en conta indicadores socioeconómicos, datos de gasto sanitario público, de servizos e recursos humanos en saúde e informacións sobre comportamentos individuais relacionados coa saúde entre 2006 e 2019.

Os investigadores concluíron que a esperanza de vida en boa saúde a partir dos 50 anos evoluciona da mesma forma en que o fai o gasto sanitario público por cápita de cada unha das comunidades autónomas. Así, o informe sinala que canto máis se inviste en sanidade, máis se incrementan os anos que a cidadanía vive sen enfermidade.

Nesta liña, o estudo apunta que gastar 800 euros máis por persoa na sanidade tradúcese en 1,5 anos máis de vida en boa saúde aos 50 anos para os homes e en 1,2 anos para as mulleres, e reduciu os anos vividos en mala saúde 1,7 anos para os homes e 1,6 anos para as mulleres.

DATOS POR CCAA

As comunidades autónomas que teñen unha esperanza de vida en boa saúde máis alta son a Rioxa, Illas Baleares e Catalunya en homes e Navarra, Catalunya e Aragón en mulleres, mentres que pola cola atópanse Murcia, Castela a Mancha e Illas Canarias en homes e Illas Canarias, Murcia e Galicia en mulleres.aixos nun 50%.

Dúas persoas maiores acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse
Dúas persoas maiores acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta