Festival de xardíns de Allariz: 30.000 visitantes e premio a un xardín dedicado ao alzhéimer

O Festival Internacional de Xardíns efémeros da vila do Arnoia pechou a súa duodécima edición dedicada aos xardíns terapéuticos, deseños que curan, aberta dende maio. Preto de 30.000 visitantes avalan o éxito deste evento.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 19/11/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

En palabras de Bernardo Varela, concelleiro de Medioambiente, o número de visitas avalan “a consolidación do Festival co paso dos anos, aínda que este verán as altas temperaturas que vivimos non favoreceron moito a visita”.

Xardín que recibiu o primeiro premio do público xunto cos seus creadores. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Xardín que recibiu o primeiro premio do público xunto cos seus creadores. Foto: Prensa Concello de Allariz.

O evento alaricano, único no estado, converteuse, ao longo de 12 anos, nun referente paisaxístico. Asociacións e empresas do sector axudan ao incremento da presenza do Festival de Xardíns de Allariz no eido empresarial. A asemblea anual de AGAEXAR,a Asociación Galega de Apicultura ou outras relacionadas co turismo como Garden Tours ou Bomarzo son parte dos exemplos de que o Festival de Xardíns, ademais de ser un dos principais atractivos turísticos da localidade, é un motor económico de referencia para o sector.

PREMIOS DOS E DAS VISITANTES

Unha vez pechada esta edición, procedeuse ao reconto dos votos dos/as visitantes que ao acudir ao recinto teñen a opción de elixir o xardín que máis lles gusta.

“Camiño do recordo”, do equipo madrileño Apaisados recibiu o 21,04% das votos polo que se converte no gañador do Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2022 e permanecerá un ano máis no recinto do Festival.

“Camiño do recordo” busca mover aos usuarios e usuarias a lugares onde puideron crear algún recordo ao longo da túa vida e axudar a lembralo

O tema do xardín está dedicado a persoas con alzhéimer. Como o seu nome indica “Camiño do recordo” busca mover aos usuarios e usuarias a lugares onde puideron crear algún recordo ao longo da túa vida e axudar a lembralo.

O segundo lugar, foi para o xardín do galego Daniel Carvajal Alonso, “Legado”, que cun 13,86% dos votos acadou a segunda posición.

E no terceiro posto, “Gardenarium”: The health rooms da italiana Martina Pappalardo, que con un 10,95% dos votos acadou esta terceira posición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta